Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Universidade de Santiago, xermolo de dúas unidades

A estratexia RIS3 consolida dúas colaboracións da matemática e a farmacia universitarias coa empresa

    Santiago. A maioría das unidades mixtas postas en marcha veñen de conectar compañías afeitas a investir en investigación e desenvolvemento (I+D) con centros tecnolóxicos privados sen ánimo de lucro. Pero o mundo universitario é tamén referencia nesta fórmula. De feito, a primeira unidade mixta público-privada de investigación farmacéutica de Galicia e a segunda de España naceu na Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 2011. Os seus socios, o grupo Biofarma, liderado pola catedrática Mabel Loza, e Laboratorios Esteve, afondan agora nesta relación co apoio da Xunta.

    Nesta nova etapa “por primeira vez, iníciase en España un programa
    de codesenvolvemento [de medicamentos] entre o ámbito público e privado”, subliñaba o pasado luns a propia Loza na presentación oficial da unidade mixta Esteve-USC.

    O Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (Itmati), consorcio público formado polas tres universidades galegas, ten tamén no seu ADN a transferencia da tecnoloxía matemática ao servizo do sector produtivo. Por iso non é estraña a súa presenza na primeira edición do programa
    de unidades mixtas da estratexia RIS3 Galicia (Estratexia de Investigación
    e Innovación propia para a Especialización Intelixente) da man da multinacional Repsol, que consolida a colaboración previa entre a compañía e o grupo de Enxeñaría Matemática do catedrático da USC Alfredo Bermúdez de Castro.

    “No momento no que estamos, o investimento público en I+D+i é de vital importancia para que se poidan facer investigacións e desenvolvementos punteiros en determinadas áreas tecnolóxicas, como é o caso (...). E por suposto, é tamén fundamental que as empresas vexan o seu apoio a estas unidades como un investimento de futuro”, apunta Peregrina Quintela, directora do instituto.

    23 mar 2015 / 12:14
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito