Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
cultura

A USC búsca talento artístico

A iniciativa lidéraa o equipo de Canal Campus Lab

    A Universidade de Santiago anda á procura de talento artístico entre a comunidade universitaria coa fin de confeccionar unha base de datos que lle permita coñecer qué estudante, docente ou PAS ten dotes para a arte da performance -voz, música, danza e interpretación- estean ou non integrados nun grupo creativo.

    A iniciativa lidéraa o equipo de Canal Campus Lab, dependente da Área de Cultura da USC, que con esa base de datos individualizada do colectivo universitario pretende desenvolver proxectos futuros relacionados co talento e a creatividade, a performance e a interpretación.

    Para formar parte desta base de datos deberase enviar un correo electrónico a info@canalcampus.es e poñer no Asunto ‘Base de Datos Artística’ e no corpo da mensaxe escribir o nome, enderezo electrónico, teléfono, centro e colectivo ao que pertence, habilidades artísticas e xénero, explicar se forma parte dalgún grupo ou formación e nese caso identificalo.

    16 ene 2014 / 13:18
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito