Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A USC únese ao proxecto de creación de bioplásticos

O grupo de Biotecnoloxía Ambiental desenvolverá modelos matemáticos para predecir como transformar a biomasa

    O grupo de Biotecnoloxía Ambiental da USC participará estes días en Valencia na xuntanza de lanzamento dun proxecto internacional para producir plásticos biodegradables. Trátase do proxecto europeo USABLE Packaging ( acrónimo de Unlocking the potential of Sustainable Biodegrdable Packaging), e céntrase na investigación da produción de plásticos biodegradables de alta calidade a partir de fontes de materia orgánica, pero non alimentaria.

    O consorcio encargado -25 investigadores de once países- tentará desenvolver polímeros biodegradables que poidan procesarse en films laminados e multicapas, para chegar desta forma ao obxectivo final de producir materiais complexos de envasado con propiedades comparables aos plásticos comerciais actuais, derivados do petróleo.

    O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) será o coordiandor deste proxecto europeo a tres anos, no que participarán os docentes, Almudena Hospido e Juan M. Lema, e os investigadores Thelmo Lú e Miguel Mauricio, pertencentes á USC.

    A contribución da USC centrarase en tres aspectos: o desenvolvemento de modelos para elaborar predicións sobre a transformación da biomasa en bioplásticos, a produción destes bioplásticos coa acumulación por bacterias halófilas en medio salino, e a avaliación holística do impacto ambiental en toda a cadea de produción.

    Unhas investigacións moi adecuadas en relación ao tempo que tarda o plástico en descompoñerse. Por exemplo, unha bolsa de plástico tarda arredor de 150 anos en degradarse en contraste cos escasos quince minutos que se estiman da súa "vida útil". Ademais, é un mar español o que ten máis porcentaxe de residuos que sexan plásticos, o Mar Mediterráneo con máis do 95%, dos cales entre o 21% e o 54% de todas as partículas son microplásticos. Datos que a nivel mundial rondan unha media entre o 60% e o 80%, cifras considerablemente afastadas.

    Debido a esta realidade ambiental, o equipo compostelán fai fincapé na importancia de chegar a producir plásticos biodegradables, mais son conscientes dos desafíos inherentes deste proceso, como a necesidade de que os bioplásticos obtidos poidan ser procesados para acadar as características demandadas polos usuarios.

    BIOAVANCES NO SECTOR DA PEDRA

    ••• O grupo de Estudos medioambientais aplicados ao patrimonio natural e cultural da USC (GEMAP) celebra hoxe , a partir das 9.45, unha xornada para difundir os seus últimos achados sobre "Biodeterioro e biorreceptividade das rocas graníticas", no Centro Tecnolóxico de Granito de Galicia.

    •••O obxectivo é dar a coñecer os resultados deste grupo entre os diferentes profesionais do sector da pedra, contrucción e restauración.

    12 jun 2019 / 22:19
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito