Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 13 mayo 2021
21:37
h

Os usuarios do Cesga publican en revistas científicas de alto impacto

    O 73% das investigacións realizadas por usuarios dos servizos do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) publicouse en revistas científicas de alto factor de impacto, tipo A, segundo se desprende dun estudo elaborado polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia. Entre 2002 e 2007 publicarónse 1.200 documentos, dos que 582 foron artigos, 438 presentacións de ponencias e pósteres en congresos nacionais e internacionais e 78 concretáronse en teses, das que dez pertencen á Universidade de Vigo.

    Estes artigos aparecen en 195 revistas, como a Chemical Reviews, Trends in Ecology&Evolution ou Angewantdte Chemie-International Edition, con factores de impacto entre o 26 e o 10. A maioría figuran no Journal Citation Report.

    02 ene 2009 / 02:19
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito