Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

OS USUARIOS DOS CENTROS DE DÍA DE VALGA, VILAGARCÍA, PORTAS, DODRO E ROIS CELEBRARON UN FESTIVAL DE PANXOLIÑAS

Tamén actuaron un grupo de alumnos da Escola Municipal de Música // A festa, que tivo lugar no Auditorio, rematou cun brinde polo novo ano 2020

O Centro de Día de Valga celebrou a chegada do novo ano cun festival de panxoliñas que tivo lugar no Auditorio Municipal e no que participaron os usuarios do centro valgués e convidados doutros catro centros de día de Vilagarcía, Portas, Rois e Dodro, que gozaron dunha xornada de convivencia e festa.

O evento empezou cunha breve actuación dun grupo de alumnos da Escola Municipal de Música, que tocaron pasodobres, temas populares e panxoliñas cos que cos maiores bailaron, cantaron e deron palmas.

Este animado comezo deu paso ao prato forte: a interpretación de cancións de Nadal por parte dos usuarios dos diferentes centros. “Navidad”, “Dime niño de quién eres”, “Los peces en el río”, “La marimorena”, “Campana sobre campana”, “O pendello” e “Chegaron a pé” foron algunhas das panxoliñas que soaron no Auditorio.

A celebración rematou cun brinde polo novo ano.

01 ene 2020 / 12:31
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito