Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Valga denuncia ante a Garda Civil o roubo dos dous cisnes negros da Mina Mercedes

É a segunda sustracción de aves na lagoa de Campaña en apenas cinco meses // O goberno local amósase indignado e pide á veciñanza que informe sobre calquera dato sospeitoso

O Concello de Valga ten previsto presentar mañá no cuartel da Garda Civil unha denuncia por un novo roubo de cisnes na Mina Mercedes. Os dous exemplares negros foron substraídos nas últimas horas, apenas quince días despois da súa chegada á lagoa. Foran soltados polo Concello o pasado 13 de abril xunto a outra parella de cisnes brancos. A desaparición dos animais detectouna un voluntario de Protección Civil nunha das habituais visitas á zona para alimentar ás aves e comprobar o seu estado.

O goberno municipal de Valga quere transmitir a súa indignación en nome de toda a veciñanza polos contantes roubos de aves, nomeadamente dos cisnes, na Mina Mercedes. O último tivo lugar hai apenas 5 meses, no pasado novembro, cando desapareceu un exemplar branco, pero con anterioridade xa se tiñan producido outras substraccións, incluso de ovos. O Concello sospeita que poida tratarse do mesmo ladrón ou ladróns e que sexan persoas “expertas” neste tipo de furtos xa que son capaces de burlar todas as medidas de seguridade que se establecen.

Ademais da próxima presentación da correspondente denuncia ante as forzas de seguridade, as tarefas céntranse agora en intentar localizar os dous cisnes negros roubados e en recabar todo tipo de información e datos que poidan ser de utilidade. Neste sentido, o goberno local fai un chamamento á colaboración cidadá. Se os veciños do entorno da Mina Mercedes ou algún usuario da área de esparexemento viu nas últimas horas algún movemento estraño ou detectou a presenza de persoas sospeitosas, pode chamar ao Concello (986 55 94 56) ou a Protección Civil (630 95 25 25) para informar.

30 abr 2019 / 01:13
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito