Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Valga saca a contratación a limpeza e mantemento dos edificios e instalacións municipais

As ofertas para optar á adxudicación poden presentarse ata o día 4 de decembro // O contrato terá unha duración inicial dun ano, prorrogable ata un máximo de catro

    O Concello sacou a contratación o servizo de limpeza e conservación de edificios municipais por un período inicial dun ano, prorrogable ata un máximo de catro.

    As instalacións que se inclúen no contrato son a Casa Consistorial e o seu entorno, o Museo da Historia e a Casa da Bella Otero, os colexios Baño-Xanza e Xesús Ferro Couselo, as escolas unitarias do CRA de Valga (Campaña, Chenlo, Ferreirós, Forno, Vilarello e Xanza), os centros sociais de Campaña, Moldes, Pino, Igrexa-Setecoros, Vilarello, Vilares, Xanza, O Galego e a Casa da Cultura de Valga, as instalacións do Auditorio –agás o Centro de Día, a cafetería e dependencias–, o CODI, o Centro de Interpretación da Caña e o edificio de usos administrativos.

    O adxudicatario deberá encargarse do mantemento dos edificios que comprenda tanto a limpeza diaria como a cobertura das necesidades puntuais que poidan xurdir. No caso do colexio Ferro Couselo, tamén deberá proceder á apertura e peche das instalacións.

    O orzamento de licitación ascende a 84.216 euros anuais.

    O prazo para presentar ofertas rematará ás 15 horas do día 4 de decembro. A adxudicación realizarase utilizando unha pluralidade de criterios en base á mellor relación calidade-prezo. Teranse en conta a oferta económica, o programa de traballo e o plan de limpeza para cada instalación e o equipamento técnico a empregar, entre outros criterios.

    09 nov 2019 / 01:15
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito