Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Vázquez Mariño recibe o premio Traxectoria Profesional do Cpeig

Destaca polo seu labor na seguridade tecnolóxica nas Institucións Públicas

Santiago. O Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (Cpeig) concedeu o Premio Traxectoria Profesional da XI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia a Carlos Vázquez Mariño. director da Área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Os premios da Noite, gala que se celebrará o vindeiro 28 de xuño no Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela, corresponden a dez categorías onde os colexiados recoñecen as iniciativas ou persoas destacadas no ámbito da informática.

No caso de Carlos Vázquez Mariño, o Cpeig quere poñer de manifesto a relevancia da profesión informática nos máis altos niveis de decisión e a figura dos enxeñeiros en informática como responsables da seguridade tecnolóxica nas distintas Administracións Públicas, empresas e outras entidades.

O galardonado é licenciado no Grao en Informática pola Universidade da Coruña (UDC). Iniciou a súa carreira profesional no sector privado no ano 1998, onde centrou a súa actividade no desenvolvemento de proxectos web. En 2001 accedeu ao corpo de profesores de Ensinanza Secundaria na especialidade de informática e tamén impartiu docencia en ciclos de Formación Profesional en centros de Lugo, Monterroso e Ferrol.

Dende 2009, centrouse na dirección e xestión, primeiro como subdirector Xeral de Sistemas de Información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria entre 2009 e 2012, e dende 2012 como director de Área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

11 jun 2019 / 21:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito