Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Veciños de Cures seguen sen accesos dous anos despois da concentración

Dende o BNG din que non se preveu que hai elementos catalogados que impiden trazalos

    O BNG de Boiro sinala que, case dous anos despois da toma de posesión das novas fincas de reemprazo da concentración parcelaria de Cures (na que ós propietarios se lles informou de que xa podían cultivalas e coidalas, dándolles un prazo de 6 meses para recoller os cultivos e cortar a madeira), aínda presenta deficiencias, como a falla de servizos secundarios para acceder ás parcelas.

    Para dita formación, isto obedece a que o proxecto non contemplou que había elementos patrimoniais catalogados polos que non se pode trazar un camiño.

    Entre os problemas que quedaran sen arranxar (algúns dos cais permanecen) figuraban accesos sen facer, parcelas sen entrada, terra amoreada que dificulta o traballo nas mesmas, etc.

    Aínda que o Bloque presentou mocións no Concello ó respecto e instou á Consellería de Medio Rural a modificar estas cuestións, os afectados seguen á espera, a pesar do compromiso de que se corrixirían e tamén á concesión dunha prórroga de seis meses máis na tala das árbores.

    Raquel Suárez

    Portavoz del BNG de Boiro

    Algúns aínda non poden chegar ás súas novas parcelas ó non ter camiños"

    31 mar 2019 / 22:08
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito