Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A velada literaria-musical de A Ramallosa congregou a preto de 500 persoas

Ames pechou a festa da cultura galega con 24 galardóns dos certames Literario e Intercentros // Titerehop, en A Estrada

Os actos ao redor da festa da cultura galega por excelencia congregaron nos municipios de Teo e Ames a multitude de veciños. Así, no centro sociocultural de A Ramallosa déronse cita preto de cincocentas persoas para participar e compartir a velada literaria-musical organizada polo Concello en colaboración co tecido asociativo do Concello.

A velada desenvolveuse segundo o programa previsto. Comezou coa lectura do texto de Florentino L. Cuevillas Sementeira, a cargo do alcalde, Martiño Noriega. De seguido, alumnado do obradoiro de guitarra e Xoán Curiel intrepretaron Quen puidera namorala, de Cunqueiro.

O grupo de Canto Aleceia interpretou textos de Curros Enríquez, Afonso X, Martín Códax e Castelao; As pandeireteiras da A.C. Rosalía de Castro ofreceron textos de López Abente e de Amado Carballo. Tamén se proxectou o documental O carro e o home, de Xaquín Lorenzo, e os gaiteiros e o grupo de baile da A.C. A Pontevella recitaron un texto de Xoán M. Pintos. 

Más información en El Correo Gallego en Orbyt

18 may 2012 / 20:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito