Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O 'Versalles galego' presume de árbores e formacións senlleiras

Galicia ten catalogados e protexidos 186 destes elementos, catro deles, de entre 100 e 400 anos, atópanse no xardín do Pazo de Oca, na Estrada// Trátase da camelia reticulada, criptomeria elegante, o buxal e tamén a carreira dos tilos

A protección do patrimonio natural e o obxetivo que perseguiu a Xunta no 2007 coa creación e regulación do Catálogo galego de árbores senlleiras. Ese decreto estableceu o réxime xurídico básico para os elementos que se inclúan no dito catálogo, coa finalidade de protexelos de posibles riscos e ameazas, e garantindo así a súa conservación. Desde a aprobación do seu regulamento, no ano 2007, o Catálogo foi obxecto de diversas revisións e na actualidade inclúe un total de 186 elementos, catro deles ubicados no Pazo de Oca, no municipio de A Estrada.

Coñecido como o Versalles galego pola beleza dos seus xardíns, que ocupan oito hectáreas e onde conviven algunhas das camelias máis antigas de Europa con exemplares de magnolios, arces, tulipáns ou tilos, o de Oca é un pazo señorial de estilo barroco situado na parroquia estradense que leva ese nome. Na actualidade pertence aos duques de Medinaceli e está declarado Ben de Interese Cultural do patrimonio español.

Aberto todo o ano aos visitantes, o Pazo de Oca ofrece a posibilidade de coñecer a historia do recinto e dos seus habitantes por medio de visitas guiadas. E os xardíns centran gran parte destas visitas. Nel atópanse as catro árbores e formacións senlleiras, de entre cen e catrocentos anos, catalogadas pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural e, polo tanto, protexidas.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

11 feb 2018 / 20:53
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito