Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
estrea o 22 de marzo

Viaxe a unha familia en proceso

O Centro Dramático Galego revelou onte detalles da súa nova produción, un clásico de Eugene O’Neill, dirixido por Manuel Guede//A montaxe é unha revisión, en clave catártica, da crise das estruturas familiares

O tópico literario, instituído por Tolstoi nas primeiras liñas da súa Anna Karenina, asegura que todas as familias felices se asemellan, pero que as infelices o son cada unha á súa maneira. Da diversidade dese infortunio, da mala calidade do amor, das carautas que ocultan a verdade de todas as relacións e da catásfrofe emocional que decote axexa os vencellos paterno-filiais fala Longa viaxe cara á noite, (Long Day’s Journey into Night), considerada a cimeira dramática do nortemericano Eugene O’Neill e publicada en 1956, vulnerando a corentena decretada polo propio autor tras a súa morte. A obra, que dirixe Manuel Guede, chega, con aire de acontecemento, ás salas de produción do Centro Dramático Galego, que prepara a súa estrea para o 22 de marzo.

En paralelo á disección que O’Neill realiza das estruturas familiares a compañía públicaquixo revelar onte outra intimidade: a do proceso de posta en pé da obra, que xa se vén plasmando nun blogue da páxina do CDG. Canda o director da peza participaron nun ensaio aberto e nun encontro posterior con xornalistas e críticos teatrais os catro intérpretes que lle outorgan a súa pel a este duro e conmovedor texto autobiográfico.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

05 mar 2014 / 21:33
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito