Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 26 octubre 2021
02:31
h

Vigo alberga o primeiro biobanco mundial de mostras de parasitos mariños

Os científicos esperan que se converta nun referente para a investigación pública e privada

    Vigo alberga, dende este luns, o primeiro biobanco do mundo que se dedica á recollida, almacenaxe e distribución de parasitos mariños e biomoléculas asociadas como, por exemplo o anisakis.

    O biobanco é unha iniciativa do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e xorde no marco do proxecto europeo Parasite, o cal conta cun financiamento de catro millóns de euros e no que, dende febreiro, atopan traballando 21 organismos investigadores e pemes de Europa e Asia.

    Este proxecto concluirá en 2016 e, coordinado polo propio CSIC a través do grupo Ecobiomar del Instituto de Investigaciones Marinas, busca mitigar o impacto de parasitos presentes en produtos da pesca tanto europeos como de importación. Desta forma, non solo mellora a seguridade alimentaria senón que tamén fortalece a competitividade dos produtos pesqueiros.

    Segundo explica o responsable do biobanco, o investigador Anxo González, aínda que nos últimos anos se avanzou moito no diagnóstico das parasitosis presentes nos stock explotados e nos produtos derivados, "é necesario continuar indagando para mitigar o seu impacto.

    Así, o biobanco xoga un papel fundamental, pois non solo permite almacenar, senón tamén compartir o material biolóxico e a información "con garantías totais de calidade".

    FUNCIONAMENTO

    O biobanco nace da colaboración entre o Instituto de Investigacións Mariñas e a empresa Comercial Hospitalaria Grupo-3 (CHG3) coa filosofía de garantir o control do proceso de cesión-doazón das mostras, ademais de definir unha infraestrutura de laboratorio que confira calidade, orde, destino e trazabilidade.

    O nodo central ten a súa sede no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, que é o que se encarga de administrar e xestionar as mostras. Ademais, hai tres sub nodos (Bergen, Roma e Madrid) conectados ao central.

    En cada un deles recíbense exemplares de diferentes especies mariñas de interese comercial e analízase o impacto dalgúns parasitos co fin de propoñer melloras na salubridade do produto e do medio e reducir o impacto da parasitación nos produtos comerciais.

    O biobanco inclúe un 'software' onde se almacenan todos os datos co fin de que poidan ser analizados dentro do proxecto Parasite, que actúa nos océanos Atlántico e Pacífico e no Mar Mediterráneo.

    Ademais dos datos, que se rexistran telematicamente, as mostras físicas almacénanse en ultraconxeladores de bioseguridade, garantindo en todo momento a súa trazabilidade.

    No futuro, as mostras estarán accesibles a calquera tipo de investigación, aínda que baixo a supervisión dos xestores deste laboratorio. Desta forma, os científicos esperan que o biobanco se converta nun referente para a investigación pública e privada.

    16 sep 2013 / 18:19
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito