Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
invitado especial

'A vila do mañá' chega a Malpica

haberá obradoiros dirixidos aos nenos e nenas A Escoliña Vella do Concello de Malpica acollerá obradoiros do programa A vila do mañá, unha iniciativa impulsada pola Deputación da Coruña que pretende que se tome conciencia, a través dos xogos e desde a infancia, da arquitectura, o patrimonio tanxible, o urbanismo e a paisaxe. Serán os días 30 de decembro, e 2, 3 e 4 de xaneiro, para nenos e nenas de 3 a 12 anos. As inscricións poderán formalizarse no Departamento de Cultura. Antes de visitar o Concello de Malpica, que preside Walter Pardo, o programa xa pasou por concellos como Rianxo, Ames, A Pobra, Cambados ou Arteixo, e conta co apoio da Escola Superior de Arquitectura da Coruña, o Colexio de Arquitectos de Galicia e a Asociación para a Defensa do Patrimonio.

Falta de respecto ao que é de todos O Concello de Carballo, ante a reiteración das accións vandálicas duns poucos, decidiu retirar definitivamente parte dos elementos decorativos colocados nas rúas do casco urbano. Ata en tres ocasións uns irresponsables, que non saben respectar o que é de todos, destrozaron uns bastóns ubicados na rúa Ponte. É moi lamentable que accións coma esta empañen iniciativas que só teñen como obxectivo o ben común. As forzas da orde están a investigar os feitos e só cabe esperar que, máis pronto ca tarde, sexan identificados os vándalos para que asuman as súas reponsabilidades e aprendan a respectar.

26 dic 2019 / 20:48
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito