Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Vila Sexto presenta 'As crónicas do viaxante'

TRILOXÍA No coche de viaxeiros do Verderón, en Santiago, acompañados pola borrasca Carlos, presentouse onte a triloxía de Carlos Vila Sexto (A Coruña, 1977), As crónicas do viaxante, o afamado escritor e guionista de Los misterios de Laura, Motivos personales e Presunto culpable, entre outras series. Editada por Rodeira, a obra, segundo contou o seu propio autor, foi o traballo de sete anos, entremesturada co seu labor como guionista, e inspirada polas novelas de Agatha Christie, aínda que ten influencias tamén das películas dos oitenta de Steven Spielberg. Concibiuse coma unha obra de misterio dividida en tres grandes actos, e cada novela ten o seu subxénero, que vai desde a intriga policial ata o terror, seguindo sempre os pasos do protagonista.

DATOS

Novas entregas A segunda e terceira entrega da triloxía aparecerán, respectivamente, en febreiro e xuño do próximo ano.

Final inesperado Sobre a primeira obra desta triloxía e presentada onte na capital galega, Carlos Vila Sexto destacou os xiros sorpresivos da trama e o seu final totalmente inesperado.

09 nov 2018 / 22:52
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito