Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Vodafone TV estrea descodificador 4K

Vodafone convértese no primeiro operador de ámbito estatal en ofrecer ultra alta definición no seu servizo de televisión, tanto para a oferta lineal como para os contidos á carta.

Vodafone Españapresentou a nova versión do seu servizo de televisión, que presume de ser o primeiro dun operador de telecomunicacións en achegar contidos en ultra alta definición en España grazas ao seu novo receptor de televisión TiVo, que permitiría o acceso tanto a canles televisiva como a contidos baixo demanda en 4K. Aparte de até 120 canles de televisión, a nova Vodafone TV tamén inclúe servizo de videoclub e os contidos de HBO España e Netflix. En total a plataforma audiovisual facilita o acceso a máis de 20.000 contidos accesibles dun xeito áxil e personalizado a través dun sistema de recomendacións que aprende dos hábitos do espectador.
Mentres a anterior xeración de TiVo realizaba as gravacións programadas polo usuario no seu disco duro interno, a nova versión realiza as gravacións na nube, o que elimina o número de gravacións simultáneas á vez que tamén evita a perda de gravacións en caso de avaría do receptor e permite que calquera receptor instalado no fogar poida acceder a todas as gravacións efectuadas.
A compañía de orixe británica leva apostando polo 4K dende o pasado mes de agosto, cando incorporou a súa oferta de fútbol en ultra alta definición para locais de hostalaría, o que foi completándose de xeito que agora están dispoñibles en 4K o mellor partido de cada xornada de liga, Netflix e as novas canles Odisea 4K, Festival 4K, Funbox UHD, Insight TV e SlowChannel. En primavera sumaranse outras 5 canles en 4K a esta oferta que chegará de balde a novos clientes, mentres que os clientes actuais que queiran actualizar o seu receptor de televisión deberán aboar 30 euros.

23 feb 2017 / 03:58
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito