Voltan as brigadas á carga no monte de Froxán para plantar frondosas nativas
Unha actividade que fixaron para o día 15 que se levará a cabo en Campo de Lamas
Lousame. O próximo 15 de febreiro as brigadas voltan á carga na área conservada pola comunidade veciñal de Froxán (Lousame), plantando frondosas nativas (carballos, bidueiros, castiñeiros, nogueiras, aveleiras, etc.) nas zonas deseucaliptizadas en 2019.
Segundo sinalaron dende Verdegaia, colectivo impulsor, parte dos traballos realizaranse na contorna da turbeira de Campo de Lamas seguindo un plan de xestión e recuperación ambiental que foi seleccionado como un dos catro casos piloto para a guía Cómo planificar los proyectos de custodia para adaptarse al cambio climático.
As actividades no monte comezarán ás 09.30 horas e finalizarán ás 14.00 para desfrutar dun xantar ofrecido polas entidades anfitrioas de Montescola e a comunidade de Froxán. As persoas interesadas en participar deberán inscribirse previamente como brigadistas do proxecto a través do correo electrónico brigadas@verdegaia.org. A fecha límite é o día 12.
Finalmente, os organizadores tamén lembraron que "teremos as últimas unidades da tirada limitada de camisolas feitas por Verdegaia en algodón ecolóxico, gratuítas para as brigadistas activas".