Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Voluntariado que fomenta nos maiores o envellecemento activo

O programa Acompaño aposta por establecer unha canle de colaboración interxeracional // O obxectivo é mellorar a calidade de vida dos maiores da comunidade que viven sos

O programa Acompaño, posto en marcha a comezos de verán do 2017 pola Consellería de Política Social, é unha novidosa idea de voluntariado social para a atención e o acompañamento de persoas maiores de 65 anos que viven soas nos seus fogares.

Nun territorio como o galego no que arredor do 25 % da súa poboación ten máis de 65 anos, iniciativas coma esta parecen imprescindibles. O envellecemento activo e saudable, acompañado de estratexias para afrontar o cambio demográfico aportan un plus, sobre todo se, como é o caso, están centradas no potencial do colectivo de maiores de Galicia.

A iniciativa vai dirixido a impulsar e propiciar a participación de persoas voluntarias que queiran implicarse en axudar a que os maiores teñan unha vellez activa e saudable. Trátase de contribuír a mellorar a saúde e calidade de vida dos maiores, favorecer o seu protagonismo en actividades sociais, fomentar a relación interxeracional e mitigar os sentimentos de soidade ou illamento que poidan sentir prestándolles acompañamento e apoio emocional.

Ata o momento, o programa conta con 8 entidades colaboradoras que dispoñen á vez de 72 voluntarios anotados para facer acompañamento a un total de 42 maiores da comunidade.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

03 mar 2018 / 21:08
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito