Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 13 junio 2021
17:08
h
ESCRITOR

Xabier Quiroga: “Se queremos estabilizar un sistema literario propio, non difamemos títulos”

{ Escairón, O Saviñao, 1961 } Escritor e profesor de Lingua Galega, intervén hoxe, ás 20:00 horas, nas charlas do Ateneo de Santiago e en breve presentará a súa nova novela, ‘La caza del nazi’, na libraría compostelá Cronopios. Con dúas obras súas anteriores, ‘O cabo do mundo’ (2009) e ‘Zapatillas rotas’ (2014) foi merecedor do Premio da Crítica.

¿Está Xabier Quiroga nese momento de gracia no que todo o que fai cae bien?
Pero o primeiro que teño que aclarar é que a consideración de éxito é algo tan relativo e baleiro que non quero que me afecte. Ante todo pretendo seguir facendo a miña vida e sendo eu mesmo. Por outra banda tampouco son nada consciente de quen me le, en parte porque, como dicía Manolo García con aquilo de “hago pájaros de barro y los echo a volar”, o que escribe e ten a sorte de publicar, por un lado está contento de que voen, pero por outro non sabe en maos de quen acabarán os seus paxaros. En canto ás modas, esas, téñoo clarísimo, son pasaxeiras, efémeras, e eu non quero ser así, máis ca nada porque levo boa parte da miña vida escribindo, incluso sen publicar, e procuro non seguir ningunha moda nin tendencia. Mesmo esta novela empeceina hai seis anos, e saíu primeiro en galego como Izan o da saca, no 2015, así que non me poden vir agora co da moda nazi e esas lerias. En fin, remato con iso que dis do momento de graza: só agardo que sexa o momento e non o tiro.

Neste país, vender moito é un reclamo para certo tipo de críticas. ¿Cómo anda de cintura?
En galego as edicións son moi cativeiras porque se merca pouco libro, así que as catro que leva Izan o da saca, aínda representando moito para a novela, non son nada en cantidade. E en castelán acaba de saír a súa tradución como La casa del nazi, así que non sei se se merca moito ou pouco. Pero diso que dis das críticas se vendes, non sei quen o fará. De ser así, pareceríame non só inxusto, tamén unha infamia. Se queremos estabilizar un sistema literario propio, noso, algo polo que sempre loitamos e nunca conseguimos de todo, non podemos difamar títulos que chegan a moito público porque algunha grande editorial se fixou nela ou porque se traduce a outras linguas. Sería dun pailanismo demoledor. Pretendamos que o feito cultural galego salte fronteiras. Axudémonos a medrar e non acurrunchar a nosa creatividade. Se a obra pode ser difundida noutros idiomas, celebrémolo, non o tomemos en plan negocio, senón como fortaleza da cultura dun país e dun pobo. Dito isto, son consciente de que cando fas público algo teu, xa deixa de ser teu e está na boca de todos, como o paxaro de antes. Así que asumirei as criticas, pero agardo que sexan porque non lles vai a historia que lles conto nin como llela conto, non porque se traduza e se venda noutra lingua nin porque fale do que non se sabe de min. Ademais, neste xeito de vida actual no que todo o mundo opina, moitas veces sen saber, e a desconsideración campa e prolifera con axilidade nas redes sociais, eu son o primeiro que digo o pouco que sei. Voucho dicir. Sei que son un escritor galego e en galego, que escribe historias da nosa terra e das nosas xentes e ao que sempre lle foi ben para a propia saúde mental manter certa clandestinidade, falo de vivir illado de moita movida literaria.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

11 jun 2017 / 21:02
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito