Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Xiaomi renova os seus teléfonos para gamers

Os smartphones Black Shark 3 e Black Shark 3 Pro contarán cos últimos procesadores de Qualcomm e conectividade 5G, así como un sistema de carga ultra-rápido.

Dende hai un par de anos Xiaomi ten unha liña de smartphones para gamers chamada Black Shark, que está formado por smartphones de grande potencia, coidando especialmente detalles como a velocidade de refresco da pantalla, a resposta táctil, a refrixeración e a ergonomía para poder así gozar de longas sesións de xogo.
Chegou a hora de renovar esta liña de produtos con procesadores de 2020, e así temos que xa son oficiais o Black Shark 3 e o Black Shark 3 Pro, que volven ser smartphones realmente impresionantes, aínda que para un público moi específico. Estes novos smartphones chegan cun procesador Qualcomm Snapdragon 865, conectividade 5G, Wi-Fi 6, lector de pegadas baixo a pantalla, cámara traseira tripla (con sensor principal de 64 Mpíxeles, grande angular de 13 Mpíxeles e sensor de profundidade de 5 Mpíxeles), cámara frontal de 20 Mpíxeles e toma para auriculares (elemento moi importante de querer xogar sen os retardos propios dos auriculares Bluetooth).
No caso do Black Shark 3 Pro temos que a súa pantalla AMOLED de 7,1 polgadas ten unha resolución de 3.120 x 1.440 píxeles, cunha velocidade de refresco de 90 Hz (mentres que os sensores táctiles van a 270 Hz), un par de botóns/gatillos físicos e unha batería de 5.000 mAh con carga rápida de 65 watts. Véndese con 256 GB de almacenamento interno e 8 ou 12 GB de RAM a 4.699 e 4.999 iuans respectivamente (606 e 644 euros).
Máis económico é o Black Shark 3, que confórmase cunha pantalla AMOLED de 6,67 polgadas con resolución de 2.400 x 1.080 píxeles e unha batería de 4.720 mAh, á vez que prescinde dos gatillos físicos. Véndese con 128 GB de almacenamento e 8/12 GB de RAM a 3.499/3.799 iuans (451/489 euros), así como nunha versión con 12 GB de RAM e 256 GB de almacenamento por 3.999 iuans (516 euros).
Normalmente este gama de produtos tan de nicho carece de distribución oficial en Europa.

04 mar 2020 / 03:17
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito