Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Entre os días 9 e 11 de agosto

A XII Concentración Ría de Noia mobilizará na vila máis de mil motos

Haberá gran cantidade de iniciativas abertas ao conxunto da poboación en forma de espectáculos, exhibicións e probas

O Concello de Noia e a Asociación Mototurística Ría de Noia presentaron este venres o programa da duodécima edición da Concentración Moteira Ría de Noia, que se desenvolverá entre o venres 9 e o domingo 11 de agosto. No acto de presentación interviron as concelleiras Laura Salgado e Mariola López, ademais do vicepresidente da entidade organizadora, Agapito Carou, acompañado por outros integrantes da asociación.

Laura Salgado manifestou que a concentración destaca pola súa programación específica para os moteiros e moteiras, pero tamén pola gran cantidade de iniciativas abertas ao conxunto da poboación en forma de espectáculos, exhibicións e probas. A concelleira puxo de manifesto a capacidade deste evento para dinamizar os sectores locais do comercio, a hostalería e a restauración. Por iso, o goberno local de Noia defende a continuidade desta iniciativa, posto que contribúe a difundir o bo nome do municipio por toda Galicia e boa parte do territorio español.

O Concello sinala como novidade este ano un incremento da actividade de vixilancia da Policía Local para garantir que a concentración se desenvolva nas máximas condicións de seguridade. Laura Salgado agradeceu o seu labor e tamén o que van efectuar a agrupación de Protección Civil de Noia e a Cruz Vermella.

O vicepresidente de Moteiros Ría de Noia, Agapito Carou, anticipou que a concentración reunirá unhas 300 inscricións. Neste cómputo inclúen os moteiros e moteiras que pernoctarán en Noia ou na súa contorna. En todo caso, Carou puntualizou que o número de motos que se achegarán nalgún momento de toda a fin de semana superará as mil.

Programa

A duodécima Concentración Moteira Ría de Noia conta cun amplo programa de actividades, que inclúen unha ruta mototurística cada día e diversas propostas lúdicas e gastronómicas. O venres 9 de agosto a partir das 19:30 horas comezará un itinerario duns 50 quilómetros desde Noia a Lousame, que pasará polas minas de San Finx e culminará cunha cea en Porto do Son para todas as persoas inscritas. De volta a Noia á medianoite, iniciarán unha festa musical con picadiscos que chegará ata as tres e media da madrugada.

O sábado 10 de agosto, a ambientación musical comezará xa ás 10:00 horas. Durante toda a xornada estará colocado un pau de sebo no que se premiará a todas as persoas que logren subir. A ruta da xornada comezará ás 11:30 horas. Serán uns 70 quilómetros nos que coñecer algunhas das mellores vistas costeiras de Muros e Noia. Despois de comer, durante a tarde sucederanse as exhibicións de balde de stunt a cargo de Plácido Pérez, os xogos populares e as probas de decibelios. Despois da cea, a medianoite celebrarase a ruta dos fachos, un percorrido dos moteiros e moteiras en silencio polo casco antigo da vila de Noia en lembranza a todos os apaixoados do motor falecidos no último ano. A festa nocturna incluirá animación musical e un touro mecánico ata as tres e media da madrugada.

Xa no domingo 11, a organización prevé contar cun espazo para a retransmisión do Gran Premio de Motociclismo de Austria ás 11:00 horas. A ruta do día comezará ás 11.30 horas e consistirá nun percorrido duns 60 quilómetros polos municipios de Negreira, Ames, Rois e Outes. Despois da comida, ás 15:30 horas entregaranse os premios da concentración. A clausura será ás 16:00 horas.

Inscricións

As preinscricións poden formalizarse a través da páxina web www.moterosriadenoia.com antes da medianoite do vindeiro luns 5 de agosto. A preinscrición completa anticipada custa 28 euros. Tamén se poden adquirir na taquilla os días da concentración, no inicio de cada unha das xornadas, a 30 euros a completa e a 20 euros a media inscrición, exclusiva de taquilla.

NOTA DE PRENSA

A XII Concentración Moteira Ría de Noia mobilizará na vila máis de mil motos entre o venres 9 e o domingo 11 de agosto

2 de agosto de 2019.- O Concello de Noia e a Asociación Mototurística Ría de Noia presentaron este mediodía o programa da duodécima edición da Concentración Moteira Ría de Noia, que se desenvolverá entre o venres 9 e o domingo 11 de agosto. No acto de presentación interviron as concelleiras Laura Salgado e Mariola López, ademais do vicepresidente da entidade organizadora, Agapito Carou, acompañado por outros integrantes da asociación.

Laura Salgado destacou que a concentración destaca pola súa programación específica para os moteiros e moteiras, pero tamén pola gran cantidade de iniciativas abertas ao conxunto da poboación en forma de espectáculos, exhibicións e probas. A concelleira puxo de manifesto a capacidade deste evento para dinamizar os sectores locais do comercio, a hostalería e a restauración. Por iso, o goberno local de Noia defende a continuidade desta iniciativa, posto que contribúe a difundir o bo nome do municipio por toda Galicia e boa parte do territorio español.

O Concello sinala como novidade este ano un incremento da actividade de vixilancia da Policía Local para garantir que a concentración se desenvolva nas máximas condicións de seguridade. Laura Salgado agradeceu o seu labor e tamén o que van efectuar a agrupación de Protección Civil de Noia e a Cruz Vermella.

O vicepresidente de Moteiros Ría de Noia, Agapito Carou, anticipou que a concentración reunirá unhas 300 inscricións. Neste cómputo inclúen os moteiros e moteiras que pernoctarán en Noia ou na súa contorna. En todo caso, Carou puntualizou que o número de motos que se achegarán nalgún momento de toda a fin de semana superará as mil.

Programa

A duodécima Concentración Moteira Ría de Noia cun amplo programa de actividades, que inclúen unha ruta mototurística cada día e diversas propostas lúdicas e gastronómicas. O venres 9 de agosto a partir das 19:30 horas comezará un itinerario duns 50 quilómetros desde Noia a Lousame, que pasará polas minas de San Finx e culminará cunha cea en Porto do Son para todas as persoas inscritas. De volta a Noia á medianoite, iniciarán unha festa musical con picadiscos que chegará ata as tres e media da madrugada.

O sábado 10 de agosto, a ambientación musical comezará xa ás 10:00 horas. Durante toda a xornada estará colocado un pau de sebo no que se premiará a todas as persoas que logren subir. A ruta da xornada comezará ás 11:30 horas. Serán uns 70 quilómetros nos que coñecer algunhas das mellores vistas costeiras de Muros e Noia. Despois de comer, durante a tarde sucederanse as exhibicións de balde de stunt a cargo de Plácido Pérez, os xogos populares e as probas de decibelios. Despois da cea, a medianoite celebrarase a ruta dos fachos, un percorrido dos moteiros e moteiras en silencio polo casco antigo da vila de Noia en lembranza a todos os apaixoados do motor falecidos no último ano. A festa nocturna incluirá animación musical e un touro mecánico ata as tres e media da madrugada.

Xa no domingo 11, a organización prevé contar cun espazo para a retransmisión do Gran Premio de Motociclismo de Austria ás 11:00 horas. A ruta do día comezará ás 11.30 horas e consistirá nun percorrido duns 60 quilómetros polos municipios de Negreira, Ames, Rois e Outes. Despois da comida, ás 15:30 horas entregaranse os premios da concentración. A clausura será ás 16:00 horas.

Inscricións

As preinscricións poden formalizarse a través da páxina web www.moterosriadenoia.com antes da medianoite do vindeiro luns 5 de agosto. A preinscrición completa anticipada custa 28 euros. Tamén se poden adquirir na taquilla os días da concentración, no inicio de cada unha das xornadas, a 30 euros a completa e a 20 euros a media inscrición, exclusiva de taquilla.

02 ago 2019 / 18:22
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito