Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
HÉRCULES DE EDICIONES

Xoán Babarro presentará mañá en A Coruña ‘O baúl de Domingos Quintas’

    Xoán Babarro vén de publicar O baúl de Domingos Quintas (Hércules de Ediciones, 2017), unha fermosa historia autobiográfica coa que o autor rende homenaxe ao seu bisavó.

    A historia comeza cando o narrador decide abrir o vello bául do bisavó e atopa unha morea de poemas escritos sobre cortizas de bidueiro. Cada páxina contén un deses poemas —con cadansúa ilustración, obra de Estefanía Padullés—. A presentación —que terá lugar mañá ás 18.30 horas na libraría A Carapuchiña Feroz da Coruña— contará coa presenza do autor; de María Prol Conde, licenciada en Filoloxía Románica con experiencia en edición eproxectos didácticos, e de Laura Rodríguez Herrera, editora do libro.

    O libro aparece simultáneamente en castelán.

    29 nov 2017 / 20:43
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito