Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Xoán Pastor: "O mandato será o dos mozos e crecemento"

Alcaldable do PSOE en Porto do Son

Cun traballo xa feito moi importante, sentando as bases de infraestruturas para o crecemento do concello, o PXOM, o Viveiro de Empresas, a renovación tecnoló-xica, o crecemento e o emprego serán os novos retos.

¿Cal sería o resumo dos seus 18 meses de Alcaldía?

Moito traballo que se ve nos logros xa conseguidos como a adecuación do terreo para a piscina municipal, que está na última fase de adxudicación, conseguir a finalización da confección do Plan Xeral de Ordenación Municipal, os novos parques infantís, encher de mobiliario e posta en marcha a Casa de Cultura de Portosín, a adxudicación definitiva e comezo da obra da Casa de Cultura de Xuño, a creación de parques biosaudables, a posta en funcionamento da depuradora do Loreto e a construcción da de Orellán, a cobertura da TDT en todo o concello así como a rede Wifi-Wimax que vai colocar o municipio de Porto do Son como pioneiro das novas tecnoloxías no Barbanza. Tamén a posta en marcha da escola para a creación da Banda de Música, que tivo moitísimo éxito e no que os nenos e maiores do concello están moi involucrados, e a recuperación de dúas bandeiras azuis para as nosas praias.

Houbo estabilidade, diálogo cos veciños, capacidade de resolver problemas.

¿Que proxectos quedan pendentes?

Esta debería ser a lexislatura para avanzar na mo-dernización de Porto do Son, buscando a recuperación de poboación e o emprego. Para isto son fundamentais a aprobación definitiva do PXOM, o polígono industrial, poñer en funcionamento o Viveiro de Empresas, promocionar o turismo, unha fonte importante de recursos, coa potenciación do Castro de Baroña co Plan Especial de Protección e a aprobación definitiva da incoación de Ben de Interese Cultural para este monumento. Lograr máis bandeiras azuis para as nosas praias, levar a cabo a reforma da fachada marítima, que xa debería estar feita hai dous anos se o goberno do PP no concello non a rexeitase; a gardería infantil; o novo cemiterio e non esgoto o que xa está en marcha ou debe de facerse na próxima lexislatura.

Brevemente. Cales son os puntos clave do seu programa electoral?

Xa citei como importantes a aprobación definitiva do PXOM, o polígono industrial, o Viveiro de Empresas e poñer en marcha o Plan Especial do Castro de Baroña, co seu Centro de Interpretación, ao que hai que engadir que queremos facer o tanatorio, unha gardería infantil, o abastecemento de auga en San Pedro de Muro, Xuño, Caamaño e Baroña, rematar a piscina municipal, a segunda fase do paseo marítimo, unha escola obradoiro para a creación do emprego xuvenil, a construcción do punto limpo, unha estación de autobuses, rematar a Casa de Cultura de Xuño e a mellora xeral das infraestruturas.

¿Como son as relacións coas outras administracións?

O Goberno Central e a Deputación da Coruña cola boraron con orzamentos para obras, das que destacaría o Museo do Mar e Etnográfico. Canto á Xunta, con traballo, bos proxectos e insistencia tamén se consiguen as cousas, como ocorreu coa solución para o Castro de Baroña ou a próxima declaración de BIC para o noso monumento máis importante, ou que se actuase na fachada portuaria do Son.

¿Que destacaría da súa lista electoral?

Xente nova, con ganas de traballar, co interese nos cidadáns e os seus problemas máis que na política partidista, que teñen ilusión por mellorar a vida de Porto do Son. Traen aire novo e fresco á política municipal.

¿Foi fácil facer esa renovación da lista electoral?

Non, no sentido que o Partido Socialista me deu a liberdade de escoller as persoas que considerase máis axeitadas. O difícil é confeccionar unha lista, convencer as persoas, ilusionalas e gardar os equilibrios para representar todas as parroquias, pero estou satisfeito do resultado.

¿Como se describiría como candidato?

Non é fácil falar ben dun mesmo, pero para min é un orgullo ser alcalde do meu pobo, traballar por el. Creo ser traballador, eficaz, que sei escoitar os veciños e que procuro solucionar os problemas.

En cultura, que foi res-ponsabilidade súa cando foi concelleiro, ¿que logros destacaría?

En primeiro lugar, encarreirar unha solución para o Castro de Baroña, que será un revulsivo cultural e turístico. Tamén continuar e rematar a Casa de Cultura de Portosín, aprobar a adxudicación definitiva e comezar a Casa de Cultura de Xuño. Ademais revitalizamos a colección do Cartafol da Memoria e demos un impulso a todo tipo de exposicións e actos culturais.

¿Que labor desenvolve-ron para os máis pequenos do municipio?

Fixemos novos parques infantís en Porto do Son, Portosín, Queiruga e San Pedro de Muro e renovamos o resto dos parques infantís do concello. Tamén se adecentou a zona da Atalaia cunha área recreativa e fixéronse importantes melloras nas instalacións deportivas, como o caso do pavillón de Portosín, ou as melloras das pistas polideportivas exteriores.

¿Que lle diría aos mozos para que o voten?

Pois que a próxima lexislatura debería ser a do crecemento e o emprego e para iso puxemos as bases xa coa creación do Viveiro de Empresas e a confección do PXOM que presupón tamón o Polígono Industrial necesario para a nosa vila. Melloramos as instalacións deportivas, instalamos a rede Wifi-Wimax en todo o concello, porque as novas tecnoloxías son importantes para medrar. Sen esquecer o esforzo en cultura e educación.

 

14 may 2011 / 23:58
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito