Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 16 julio 2020
02:00
h

A Xove Banda de Valga ofreceu un concerto didáctico no instituto

A actuación puxo o colofón ás actividades lectivas do IES antes das vacacións de Semana Santa // Asistiron o alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Educación, Carmen Gómez

A Xove Banda de Valga ofreceu hoxe un concerto didáctico no IES que serviu de colofón ás actividades lectivas do centro antes das vacacións de Semana Santa.

A actuación tivo lugar no patio exterior do instituto, que interrompeu as clases para que todo o alumnado puidera asistir. O repertorio compúxose de obras pertencentes a bandas sonoras de películas de Disney, como Hércules, Los Increíbles ou Aladdin, entre outras, e foi conducido polo director titular da agrupación xuvenil, Pedro José Torres Diz.

O alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Educación, Carmen Gómez, asistiron ao concerto, que estivo precedido pola entrega de premios aos gañadores do VIII Concurso de Fotografía organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES. A gañadora foi Sara Abalo Chico, de 1º de Bacharelato, e o segundo premio foi compartido por Almudena Castiñeiras Buceta (2º de Bacharelato) e por Michael Douglas Pereira dos Santos (3º da ESO).

27 abr 2019 / 00:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito