Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Xunta colabora con Amarai engadindo cinco prazas ás 22

O presidente da entidade pediu máis fondos para o Servizo de Transporte Adaptado // Máis de 200 persoas asistiron á gala

A casa da cultura de Arzúa acollía onte pola tarde a gala do XX aniversario da Asociación de Persoas con Discapacidade e Apoia á Integración da comarca de Arzúa e Melide (Amarai). Un acto que contou coa presenza do conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, que aproveitou a sua intervención para anunciar un incremento da colaboración con esta entidade. E é que dende a Xunta van aumentar en cinco as prazas concertadas nos centros de día ocupacional no edificio de recursos que Amarai ten no municipio coruñés de Boimorto.

En concreto, serán catro para o centro ocupacional da entidade e unha para o centro de día. Esto elevará a oferta global na entidade ata as 27 prazas; quince delas destinada á atención diúrna e as outras doce para o centro ocupacional.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

27 oct 2017 / 20:19
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito