Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 22 septiembre 2021
02:21
h

A Xunta pon en valor o legado de Del Riego no seu centenario

Cultura colaborará coa Fundación Penzol e Lourenzá na celebración desta efeméride

Galicia celebra este luns o centenario do nacemento de Francisco Fernández del Riego, unha das figuras de referencia para o desenvolvemento da cultura galega no século XX. Co obxectivo de poñer en valor o seu legado, a Xunta apoiará esta efeméride a través da colaboración da Consellería de Cultura coa Fundación Penzol, da que Del Riego foi director dende a súa creación, en 1963, ata 2009.

O departamento que dirixe Jesús Vázquez tamén apoiará as actuacións programadas polo Concello de Lourenzá (Lugo) en 2013 para homenaxear o seu Fillo Predilecto. No marco desta colaboración realizaranse diversas iniciativas arredor dos proxectos culturais, da vida e da obra de que fose presidenta da Real Academia Galega entre os anos 1997 e 2001.

Coa súa contribución á celebración desta efeméride, o Goberno galego, a través das secretarías xerais de Cultura e de Política Ling~ística, busca "alentar a difusión social e o recoñecemento" do labor realizado por Fernández del Riego a favor da lingua e da cultura.

No percorrido vital de Fernández del Riego destaca a súa capacidade para favorecer a implicación colectiva na realización de novos proxectos culturais, entre os que destacan as numerosas tarefas impulsadas no ámbito da creación e da edición literaria, coas que tamén contribuíu á promoción da lingua galega.

Continuador do ideario do Grupo Nós, Fernández del Reigo tamén foi impulsor do Día das Letras Galegas, celebración que en 2013 tamén cumpre medio século de vida e que se celebra cada 17 de maio, coincidindo coa data de publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro.

07 ene 2013 / 19:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito