Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Xunta promociona o galego nos campamentos

BOIRO/PORTO DO SON O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, presentaron onte o programa de dinamización lingüística O Galego campa no campamento xuvenil de Espiñeira, en Boiro. A iniciativa, que está promovida por ambos departa- mentos autonómicos, pretende impulsar o galego nas actividades dos campamentos. Para isto, se facilitan recursos aos monitores cos que poder levar a cabo o seu traballo na nosa língua. O programa, que ten como principais destinatarios os nenos e nenas de 9 a 12 anos aínda que é axeitado para as idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos, artéllase arredor do disco Desaparafusador de gominola, segundo informaron durante a presentación. Ovidio Rodeiro visitou despois do acto de Boiro ó campamento xuvenil Virxe de Loreto de Porto do Son.

23 jul 2011 / 00:04
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito