Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Xunta reparte a 384 clubs máis dun millón de euros

As entidades deportivas de A Coruña, Ferrol, Barbanza e Santiago recibirán estes apoios para facilitar a súa labor

O delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, informou onte das resolucións da Secretaría Xeral para o Deporte que se destinan aos clubs deportivos de A Coruña, Barbanza, Santiago e Ferrol co obxectivo de que desenvolvan as súas actividades e poidan ademais participar en competicións e renovar o seu material deportivo.

En total serán 1.152.000 euros as axudas ás 384 entidades destes catro núcleos. "Trátase de contribuír a universalizar a práctica deportiva, que ten un papel transcendental na sociedade para a mellora da calidade de vida dos cidadáns", comentou Ovidio Rodeiro quen engadiu que "os clubs deportivos de Santiago e comarca recibirán máis de 244.000 euros". O delegado territorial tamén apuntou que todas estas entidades pertencentes ás máis variadas disciplinas deben conxugar o seu traballo de forma complementaria para consolidar todos os itinerarios do deporte, desde a formación base, pasando pola competición, ata o alto rendemento deportivo. "Todo isto no seu conxunto cumpre unha importante tarefa na formación educativa nas respectivas disciplinas onde desenvolven a súa actividade", indicou.

DATOS

• En total a Xunta reparte para as 145 entidades de A Coruña 400.000 euros, para as 64 do Barbanza 218.000, para las 95 de Santiago 244.000 e para las 80 de Ferrol 290.000 euros.

• Nas axudas á comarca de Santiago están incluidos 18 Concellos como Ames, Vedra, Frades, Trazo ou Rois.

• Na cidade de Compostela a Fundación Fedesa vinculada ó IES Rosalía de Castro é a que máis recibe con 6.027 euros de dotación seguido do Victoria FC con 5.692 e do Obradoiro CAB con 5.424 euros.

06 dic 2019 / 21:03
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito