Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 02 julio 2022
02:00
h
por unanimidade

A xunta de voceiros acorda conceder o título de fillo adoptivo e medalla de ouro de Santiago a Salvador García-Bodaño

Escritor, poeta, crítico de arte, ensaísta e columnista de prensa sobre temas culturais e de actualidade, é una das figuras máis singulares e innovadoras pertencentes ao nexo da xeración das festas minervais

A xunta de voceiros acordou por unanimidade conceder ao escritor Salvador García-Bodaño Zunzunegui o título de fillo adoptivo e a medalla de ouro da cidade, na reunión que esta mañá se celebrou na Alcaldía e na que estiveron os voceiros do grupos municipais.

Este nomeamento será aprobado no vindeiro pleno da corporación que se celebrará o venres, día 26 de decembro.

Salvador García-Bodaño, vigués de nacemento, criouse e formouse en Compostela. Escritor, poeta, crítico de arte, ensaísta e columnista de prensa sobre temas culturais e de actualidade, é una das figuras máis singulares e innovadoras pertencentes ao nexo da xeración das festas minervais.

16 dic 2014 / 17:23
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito