Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O XURADO VISITA OS NACEMENTOS PRESENTADOS AO CONCURSO DE BELÉNS

Representantes do Concello e da asociación Amigos do Belén valoraron a presentación e a orixinalidade das composicións // Os premios entregaranse o vindeiro 5 de xaneiro, durante a Cabalgata de Reis

O xurado do Concurso de Beléns, organizado pola Concellería de Cultura, percorreu este sábado os nacementos inscritos e que optan aos premios. O tribunal estivo integrado por representantes do Concello e da asociación Amigos do Belén, que á hora de outorgar as puntuacións valoraron cuestións como o tamaño, o número de pezas, a presentación e a orixinalidade.

O percorrido do xurado comezou en Laxes, onde Fran e Juan Otero Lobato presentaron ao certame un belén duns 10 metros cadrados de superficie e con 185 pezas. As edificións foron feitas artesanalmente con materiais coma corchos, cartón, paus de xeados, pedras e restos de ladrillos. As figuras son de barro. O nacemento conta con iluminación e movemento nalgunhas pezas coma o muíño.

En Baño o xurado visitou un nacemento cunhas 130 figuras dispostas en seis metros cadrados con edificiacións feitas tamén a man, a maioría de corcho. Tamén neste caso, o belén incorpora iluminación e pezas con movemento e nel destacan algúns detalles de carácter local coma o Camiño de Santiago que conduce ata a Catedral. Esta composición é obra do grupo de amigos formado por Alejandro Torres, Jenifer Valiño, Pedro Ramos, Alfonso Álvarez, Ainoa Fontán, Alejandro Cortés, Julián Cerneira, Gustavo Tarrío e Andrea Torres.

Por último, concorreu ao concurso Sara Portas Piedras, veciña de Pontevalga, que montou un belén de 5 metros cadrados e unhas 155 pezas con edificacións de madeira e poliestireno, figuras de barro e plástico e con iluminación.

O gañador do certame darase a coñecer o día 5 de xaneiro, durante a Cabalgata de Reis, xornada na que tamén se entregarán os premios a todos os participantes.

26 dic 2019 / 23:24
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito