Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

XV Carreira Popular “Mar de Boiro”. 13º memorial Pepe Buceta

O Departamento de Deportes do Concello de Boiro promove unha nova edición da Carreira Popular Mar de Boiro, 13º Memorial Pepe Buceta, que se vai celebrar o vindeiro 1 de decembro. Unha proba que está incluída no Calendario oficial da Federación galega de Atletismo e forma parte do IV Circuíto de Carreiras Populares Arousa Norte e do VII Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.

A proba consta de tres circuítos distintos distintas distancias para que poida participar xente de todas as idades. As carreiras Mini e Supermini son de 200 metros e están pensadas para rapazada ata os sete anos. A carreira curta, para escolares, é de 2.500 metros e para a categoría xeral, a carreira longa de 10.000 metros.

As inscricións para participar nesta proba están abertas e poden facerse a través da web de Emesports (www.emesports.es) ata o vindeiro xoves 28 de novembro ás 23:59 horas. As inscricións son gratuítas para as carreiras Mini e Supermini e escolares e ten un prezo de 6 euros para a carreira longa. Pódese consultar toda a información a través do Departamento de Deportes de Boiro, de xeito presencial na Casa da Cultura, no telefono 981 84 84 25 ou no enderezo electrónico deportes@boiro.org.

25 nov 2019 / 23:46
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito