El Correo Gallego

Gente y comunicación | sociedad@elcorreogallego.es

Premio xornalístico a González Martín e homenaxe a Siro López en Compostela

REDACCIÓN/SANTIAGO   | 24.01.2008 
A- A+

A Asociación de Periodistas de Galicia entregará hoxe o Premio Periodístico Diego Bernal ao veterano profesional Gerardo González Martín, co gallo da Festa do Patrón dos Xornalistas, San Francisco de Sales. No mesmo acto, que se celebrará no transcurso dunha comida no hotel Puerta del Camino de Santiago, presentarase o número 6 de Comunica, a revista de investigación da asociación da prensa.

Máis dun cento de profesionais galegos e o secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, asistirán á comida, posterior a unha misa en honra do patrón na capela da Corticela, dentro da Catedral compostelá.

O Premio Diego Bernal non ten dotación económica e serve só de recoñecemento a toda unha traxectoria profesional no mundo da comunicación, simbolizada cunha obra de orfebrería compostelá.

Nas doce anteriores edicións deste prestixioso premio resultaron galardoados Augusto Assía, Pedro de Llano, Manuel Fernández Areal, Florencio Aldrey, o Nobel Camilo José Cela, o Colectivo de Periodistas Vascos, Santiago Rey, Juan Ramón Díaz, Alfonso Sánchez Izquierdo, Ángel Botana, Blanca García Montenegro, presidenta do Grupo El Progreso, e José Manuel Rey Nóvoa, director de EL CORREO GALLEGO

Por outra parte, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago ofrecerán hoxe un acto de homenaxe ó humorista gráfico e escritor Siro López pola súa longa e fructífera traxectoria profesional .