El Correo Gallego

Gente y comunicación | sociedad@elcorreogallego.es

literatura

Pillado Mayor sincérase con Luna

O escritor e dramaturgo protagoniza o libro 'No pazo de Laiovento' // O autor estradense achega dunha forma intimista a biografía, obra e reflexións dun dos persoeiros clave na cultura galega // Está editado por Espiral Maior e recolle máis de 30 horas de conversas

Francisco Pillado, á esquerda, e Xosé Luna, onte na Estrada, durante a presentación da obra - FOTO: Sangiao
Francisco Pillado, á esquerda, e Xosé Luna, onte na Estrada, durante a presentación da obra - FOTO: Sangiao

M.G.C. • A ESTRADA  | 28.12.2007 
A- A+

Nunca pensou que se ía converter en protagonista dun libro de conversas, xénero que tanto lle apaixona e que mesmo figura na súa longa traxectoria como escritor.

Francico Pillado Mayor (A Coruña 1941) é o gran protragonista da nova obra do estradense Xosé Luna Sanmartín, no quese achega de forma intimista e pura a un dos homes "fundamentais na historia da cultura galega contemporánea". No pazo de Laiovento. Conversas con Francisco Pillado Mayor, amosa, en palabras do autor o "universo vital, creativo, intelectual, e ideolóxico dun Pillado Mayor profesor, creador de espazos culturais, escritor, amante da música e editor".

Editada por Espiral Maior, a obra é o resultado de máis de trinta horas de conversa na casa do dramaturgo, en Miño, na do autor, na Estrada, e no Casino de Compostela. As 340 páxinas estrutúranse en cinco capítulos. O primeiro, cun marcado carácter biográfico leva por título El sol capitán redondo lleva un chaleco de raso, os versos de García Lorca ao que Pillado descubriu sendo un cativo.

No segundo capítulo, O ceo aberto, cóntase como descubríu "un mundo que lle fora furtadopolo franquismo" e cómo a través da asociación cultural O Facho comeza a reconstruir un novo universo cultural.

O terceiro, Pola estrada da cultura, é o máis denso. Está adicado a todos os proxectos nos que participou o entrevistando, dende a fundación da Escola Dramática Galega, o seu infindo labor como tradutor, os cadernos de teatro ou a editorial Laiovento, da que foi fundador e segue a dirixir hoxe. Socialismo ou barbarie é a reflexión central do cuarto capítulo, no que fala de acontecementos como a execución de Sadam, un dos últimos atentados de ETA, a caída do bloque soviético ou mesmo sobre o papel dos medios.

Como colofón, en Esperanza e memoria, o último apartado da obra Xosé Luna presenta o Pillado máis intimista, a súa amizade con persoeiros como Luis Villalta ou Manuel María, a situación do arquivo da Universidade da Coruña que leva o seu nome, a súa saída do BNG ou o papel da familia.

Luna anima a mergullarse nas longas e profundas conversas cun dos personaxes da cultura galega que máis admira, " a coñecer a historia deste país a través desta figura clave".

VIVENCIAS

Obra valente, sen autocensura

Pillado volvía onte á vila donde viviu un dos momentos máis emocionados da man da homenaxe que lle tributou Edicións Fervenza, que comanda o propio Luna. Como lector compulsivo, afirma que das obras de conversa e biográficas se aprenden cousas que non saen nos manuais, e que "unha simple vivencia axuda a comprender unha circunstancia". Contou como descubriu aqueles versos de Lorca entre os papeles do seu pai, cando falar do poeta naquela época estaba probibido. "Veño dunha época chea de silencios, por eso agora falo de máis, sen autocensura" conta o protagonista da obra cualificada xa como "valente" polo seu colega Manuel Lourenzo que non deixará indeferente ao lector. "Quixen facer neste libro un exercicio de sinceridade", di o home que ten mágoa de non facer un libro de conversas con persoeiros como Luis Seoane, ó que tivo a sorte de coñecer .

MÁIS DATOS

Presentación en Cuntis e outras vilas

Coa presentación aos medios onte na Estrada, o libro de conversas con Pillado inicia unha campaña de promoción por distintas vilas galegas. Xa hai data en Cuntis. Será o vindeiro venres día 4, da man da asociación cultural O Fervedoiro na casa de cultura Roberto Blanco Torres. A obra tamén será protagonista doutros actos en cidades como Santiago (na libraría Couceiro) ou na Coruña.

Relación tras o libro sobre Varela Buxán

No ano 2000, o escritor estradense contactou co autor para realizar a obra sobre Varela Buxán, outro dos personaxes que Pillado coñeceu. Foi unha primeira toma de contacto. "Quedei engaiolado da súa personalidade", dí Xosé Luna. Logo xurdiu a idea do libro de conversas, co que o autor se estrea no xénero.

Unha proposta para Manuel Lourenzo

Hai xa 21 anos que Pillado e Miguel Anxo Fernán-Vello, director de Espiral Maior, publicaron Conversas en Compostela con Carballo Calero. Logo viñeron outras dúas, con Xosé Manuel Beiras Torrado. O fundador de Laiovento xa ten emprazado a Lourenzo para facer un libro de conversas con el para contar a historia dos últimos 40 anos do teatro galego .