El Correo Gallego

Comunicación

novas aventuras

TVG amosa cada martes as 'Criaturas' máis tenras

O espazo da Galega visita unha explotación gandeira onde as vacas descansan ó ritmo da música clásica // A mapache "Lupita" enseña o seu xenio

REDACCIÓN • SANTIAGO   | 02.10.2007 
A- A+

Esta semana Criaturas (TVG) visitará en Monterroso unha granxa do máis peculiar, A Granxa Maruja é unha explotación gandeira que ten as paredes pintadas de cores e na que as vacas comen e descansan ao ritmo da música clásica. Marta, a súa dona, será a encargada de amosarnos este curioso xeito de coidar unhas vacas.

Tamén se coñecerá a Lupita, unha mapache de Padrón á que lle sobra carácter e moito xenio ata co seu dono. Nesta ocasión será o veterinario da zona o que se encargue de examinar a mapache e de facerlle un diagnóstico do que lle pode estar a suceder a Lupita. Pumba, Timón e Mickey son as mascotas do famoso desta semana, o pequeno actor Darío Loureiro que está a participar da serie Libro de familia.

E por último, na cidade herculina, asistiremos á operación de Pipi, veremos como se resolve no quirófano a aparatosa fractura do fermoso retriever que acaba de ser atropelado.

Criaturas volve os martes á Televisión de Galicia con novas aventuras despois da boa aceptación que tivo nos 18 programas da súa primeira temporada.

O programa que presenta Alejandro Macías volta con novos casos de mascotas: operacións de canciños, nacementos de cabritos, crías de paxaros, vacas que van de procesión, outras que bailan coa música clásica; historias nas que se procurou aínda máis buscar a relación afectiva entre os donos e os animais.

O DATO

Adiántase un día

Criaturas seguirá na mesma liña, con obxectivos máis consolidados, o que cambia, nesta segunda temporada é que no canto de emitirse os mércores, emitirase os martes despois das 21:30 .