El Correo Gallego

Portada » Hemeroteca Web

semana das letras

O Concello de Ordes recupera a fonte de Nosa Señora de Beán

C.G.  | 14.05.2008 
A- A+

O Concello de Ordes e a Deputación Provincial da Coruña acaban de recuperar a Fonte da Nosa Señora de Beán para desfrute dos veciños do lugar de Iglesia Beán (Pontellos) e, en xeral, de todos os da parroquia de Santa María de Beán. As obras de rehabilitación desta antiga fonte, situada ó carón dun regato sen nome, consistiron na elevación da fonte ata o nivel da estrada contigua para facilitarlle así o acceso á xente. Para iso construíuse un muro de formigón dun metro de altura e, sobre el, levantouse unha parede de cachotaría e unha varanda de aceiro, ámbalas dúas de 50 centímetros