El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

CRISTINA PATO EN RADIO OBRADOIRO

"Galician Connection é un laboratorio de creación no que os artistas comparten experiencias"

A músico presentou en Radio Obradoiro as xornadas que acollerá a Cidade da Cultura entre os días 4 e 6 de abril // Carles Benavent, Abe Rábade, Edmar Castañeda, Kinan Azmeh, Najla Shami e Carlos Castro participarán nesta edición // O baixista Carlos Benavent fará unha pequena homenaxe a Paco de Lucía, con quen compartiu escenarios durante moitos anos

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

Cristina Pato, músico


SANTIAGO. RO  | 18.03.2014 
A- A+

RO
Cristina Pato este martes en Radio Obradoiro
FOTO: RO

Comezou xa a conta atrás para a terceira edición de Galician Connection. O encontro musical celebrarase entre os días 4 e 6 de abril na Cidade da Cultura. Segundo explicou en Radio Obradoiro a súa directora, a músico Cristina Pato, o Galician Connection "é un laboratorio de creación no que os artistas comparten experiencias". Así, o evento contará unha vez máis con artistas nacionais e internacionais: o baixista Carles Benavent, o pianista galego Abe Rábade, o arpista colombiano Edmar Castañeda, Kinan Azmeh, a cantante Najla Shami e Carlos Castro. Todos eles traballarán en conxunto para artistas, educadores, afeccionados á música ou estudantes. "O mellor xeito de aprender é ver as cousas que fan outros e compartir as cousas que nos unen", explicou Pato. 

Esta edición ofrece un programa completo de workshops, foros, charlas, e un concerto único e irrepetible que se celebrará no Gaiás o día 6 ás 19.00 horas e no que haberá un pequeno tributo ao recentemente falecido Paco de Lucía. "Carles Benavent quere darlle unha pequena homenaxe porque el foi man dereita de Paco de Lucía durante moitos anos", explicou Pato. 

A gaiteira e pianista explicou que ten varios proxectos á vista, ademais da de organizar o Galicia Connection, unha tarefa que asume "a longo prazo". "Estamos coa xira do novo disco de Yoyoma e farei outra residencia na Universidade de Harvard, unindo artes e educación".

A inscripción para o Galician Connection segue aberta. A información sobre o programa pode atoparse en www.cidadedacultura.org.