El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Secretario autonómico de Escolas Católicas

Ignacio Parajó Calvo: “Calquera que se achegue a un colexio relixioso atopará un clima de liberdade”

O director do colexio Miralba de Viga leva apenas tres meses no seu novo cargo como secretario autonómico da organización Escolas Católicas, pero ten claros os seus obxectivos: promover a innovación pedagóxica e establecer un diálogo fluído cos pais e a sociedade, grazas á forza e á utilidade dos medios de comunicación.

FOTO: RAMÓN ESCUREDO
FOTO: RAMÓN ESCUREDO

MARÍA ALMODÓVAR SANTIAGO  | 16.11.2016 
A- A+

Ignacio, cóntenos en que consiste a agrupación Escolas Católicas.
Os colexios relixiosos de Galicia pertencen a esta asociación, que en realidade é un nome xenérico que engloba á Federación ­Española de Relixiosos de Ensinanza-Centros Católicos (Ferega-CeCa), á que os centros están vinculados como empresas. Somos escolas que, ademais, contamos cun ideario católico.

Vostede é licenciado en Ciencias Físicas. Por que decidiu formar parte de Escolas Católicas?
Non sei se son cousas que se deciden ou son cousas, oportunidades ou situacións que un na vida vai atopando e vai desenvolvendo. Non é algo buscado. Acabei a carreira e entón, entre as alternativas que tiña, o que probei e máis me gustou foi a educación e adiqueime a ensinar Física, Química e Matemáticas durante uns anos, fun xefe de estudos no meu colexio, despois director e este ano propuxéronme dedicar un tempo a este servizo, que pode ser moi interesante e que podo ser capaz de levalo adiante. Isto é unha ­sucesión de feitos que se van ­desenvolvendo e un vai ­respondendo segundo no ­momento que está vivindo.

Durante canto tempo asumirá este cargo e cales van ser as súas funcións?

É durante catro anos, que pode ser renovado por outro período de catro. Ese é o límite.
Como secretario autonómico o que teño que facer é levar á práctica as directrices que a xunta directiva decide que son as máis importantes a desenvolver. Trátase de representar as escolas católicas e tratar de impulsar os centros educativos dunha forma común en Galicia. Representalos significa asumir os seus ­intereses, os dos nosos alumnos e as familias.

Vai compaxinar o seu novo ­posto coa dirección titular do colexio Miralba, de Vigo?

Si, de momento esa é a idea. A dirección, de todas maneiras, toca renovala o curso que vén.

Que vantaxes cre que achegan aos alumnos os colexios relixiosos, Ignacio?

Moitas. A primeira delas é que hai un fundamento moi forte para a educación en valores que se ­desenvolve nos nosos colexios, que precisamente é o seu ideario e que forma parte da raíz tamén da nosa cultura occidental.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt