El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

brión

"As nais e pais do CEIP de Pedrouzos non imos ceder nas nosas reclamacións"

O presidente da ANPA Andaravía lamentou en Radio Obradoiro que a Xunta non cumprira o seu compromiso de tomar medidas ante o lamentable estado do centro // Segundo Lucho Penabade, hai cuestións, como a reparación do ascensor, "que están orzamentadas e non sabemos por que non se arranxan"

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

Lucho Penabade, presidente da ANPA Andaravía


SANTIAGO. RO  | 08.05.2014 
A- A+

A ANPA Andaravía, de Brión, entregou este xoves no rexistro da Xunta "345 postais con imaxes do lamentable estado do CEIP de Pedrouzos, con suxestións e reclamacións". Nunha entrevista en Radio Obradoiro, o presidente do colectivo explicaba que levan dende novembro pasado pedindo que se tomen medidas no centro. De feito, dixo Lucho Penabade, en decembro mantiveron unha xuntanza con responsables da Consellería de Educación, "na que se comprometeron a tomar medidas".

Sen embargo, engadiu, "a solución ós problemas foise adiando no tempo de forma inexplicable, mesmo cando hai partidas orzamentadas para algunha actuación". É o caso da reparación do ascensor, "presupostada en 2.100 euros máis IVE". O edificio presenta "fendas, os falsos teitos do edificio vello e do novo, que ten 5 anos, véñense abaixo, os baños están nun estado penoso, e o depósito de gas tivo fugas polo que agora usan bombonas".

Para Penabade, a situación do CEIP de Pedrouzos demostra que "á administración parece que non lle importa como están os colexios". Cre que por parte da Xunta o que buscan é deixar pasar o tempo, e advirte que "nós non imos ceder nas nosas reclamacións". Pasaron, dixo, "os tempos nos que os pais e as nais non se preocupaban polas instalacións nas que están os fillos".

Síguenos en twitter y facebook