El Correo Gallego

Gente y comunicación | sociedad@elcorreogallego.es

Suso de Toro presenta este luns en Santiago o seu libro 'Outra Galiza'

AGN   | 27.06.2008 
A- A+

Suso de Toro presentará o luns, 30 de xuño, en Santiago o seu novo libro, titulado Outra Galiza (Xerais, 2008). As páxinas deste volume foron escritas desde 2003 ata 2008 e naceron do diálogo do escritor co seu país "nuns anos de tránsito, de cambio social e político nos que houbo momentos de grande conflitividade e dureza" .