Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
El Correo Gallego
Google
Portada
 
atrás Comparte en Yahoo la noticia Jaime Rey de Roa, nomeado 'Galego de xullo' polo Grupo Correo Gallego Comparte en Del.icio.us la noticia Jaime Rey de Roa, nomeado 'Galego de xullo' polo Grupo Correo Gallego Comparte en Menéame la noticia Jaime Rey de Roa, nomeado 'Galego de xullo' polo Grupo Correo Gallego imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

JULIO 2003

Jaime Rey de Roa, nomeado 'Galego de xullo' polo Grupo Correo Gallego

02.06.2006

REDACCIÓN - SANTIAGO

As redaccións de EL CORREO GALLEGO, GALICIA HOXE e a emisora Radio Obradoiro decidiron, por unanimidade, outorgarlle o galardón de Galego do Mes de Xullo a Jaime Rey de Roa (a esquerda da imaxe), coordinador de Ozono, decano dos suplementos medioambientais da prensa escrita en España. Esta distinción coincide coa publicación hoxe do número cen de dito suplemento, que leva oito anos chegando ós lectores con periodicidade mensual. Baixo a coordinación de Rey de Roa, Ozono iniciou a súa andaina en marzo de 1995 baixo o formato dun suplemento de EL CORREO GALLEGO sobre conservación da natureza, caza e pesca, alimentación e temas agrarios.

Edición especial de 24 páxinas sobre a fauna máis emblemática


Desde entón viron a luz cen números e, para celebrar dita circunstancia, este diario publica hoxe unha edición especial de 24 páxinas, dedicada á fauna máis emblemática da Península Ibérica e baseada no testemuño dos mellores expertos en cada unha das especies tratadas.

De Jaime Rey de Roa, cabe destacar que leva toda unha vida dedicada á conservación e o medio natural, con especial acento en todo o relacionado con Galicia. Entre o seu extenso currículo sobresae a colaboración e os traballos que realizou co desaparecido Félix Rodríguez de la Fuente. Foi el o primeiro en traer a Galicia o popular naturalista de El hombre y la tierra para rodar o seu primeiro traballo filmado. Ó seu lado especializouse en aves de baixo voo, ampliando posteriormente a súa experiencia con traballos de etoloxía con lobos e teixugos. Chegou a converterse, en 1982, no primeiro titular da Consellería de Agricultura da autonomía.

Cabe subliñar que xa daquela entón foi un auténtico visionario ó promover as leis de caza, espacios naturais protexidos, de conservación de recursos xenéticos e a de montes veciñais en man común.

Lugar de liberdade, entre a crítica e a esperanza

O suplemento medioambiental Ozono foi, nos últimos oito anos, o pan e o sal de todos cantos atesouran algún grao de sensibilidade ecolóxica, de todos aqueles que, tomando como estandarte o ideal do crecemento sostible, tratan de achar o punto de equilibrio entre o desenvolvemento e a conservación dos recursos naturais do planeta Terra.

O suplemento mensual de EL CORREO GALLEGO foi, desde aquel mes de marzo de 1995, un espacio de liberdade desde o que denunciar os graves danos medioambientais que a estupidez humana leva a cabo hipotecando o futuro.

Pero non foi só unha atalaia desde a que lanzar críticas, senón que tamén serviu para, defendendo o seu patrimonio natural, construír un país, construír Galicia.

Cabe suiñar que, do seu coordinador, dixo Félix Rodríguez de la Fuente: "Ó dedicar este libro de cetrería a Jaime Rey de Roa, cumpro, sen dúbida, a finalidade máis pura que me propuxen ó escribilo: mostrar a difícil e fermosa arte da caza con falcóns a quen teña a teimosía, a sensibilidade e o amor á natureza que se precisan para chegar ó adestramento das aves nobres''.
 
atrás Comparte en Yahoo la noticia Jaime Rey de Roa, nomeado 'Galego de xullo' polo Grupo Correo Gallego Comparte en Del.icio.us la noticia Jaime Rey de Roa, nomeado 'Galego de xullo' polo Grupo Correo Gallego Comparte en Menéame la noticia Jaime Rey de Roa, nomeado 'Galego de xullo' polo Grupo Correo Gallego imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Ante cualquier duda, problema o comentario en las páginas de El Correo Gallego envíe un e-mail a info@elcorreogallego.es
Titularidad y política de privacidad. Política de Cookies