Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
El Correo Gallego
Google
Portada
atrás Comparte en Yahoo la noticia O mundo ó través de Villares. Por Juan Granados
Comparte en Del.icio.us la noticia O mundo ó través de Villares. Por Juan Granados
Comparte en Menéame la noticia O mundo ó través de Villares. Por Juan Granados
imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

el barril de amontillado

O mundo ó través de Villares. Por Juan Granados

25.11.2007

POR JUAN GRANADOS

A autoridade aprema á obediencia, pero a razón persuade" (Richelieu)

Teño moitos e moi gratos recordos de Ramón Villares. Cando cursaba cuarto de carreira na facultade de Xeografía e Historia, alá polo Pleistoceno Medio, era el quen se encargaba de espertarnos coa súa clase de historia contemporánea a primeira hora da mañá. Incluso neses maitines pouco salubres para un estudante compostelán, daba gusto escoitalo falar, con esa maneira sosegada e segura que ten de dicir as cousas. Naquelas mañás discursivas, onde non recordo que lle fixera falta tirar de papel ningún, aprendín que a principal tarefa do historiador e tomar a Historia coa calma e a distancia que require, sen urxencias nin esaxeracións, sen dar cova ao momento ou á oportunidade conxuntural, unha cualidade cada vez máis difícil de apreciar no mundo cultural no que andamos. Tiña, ten, ademais Villares a graza da xente con talento para contar as cousas. Conservo aínda moi frescas na memoria moitas das súas clases, por exemplo aquela na que nos falaba da incrible historia da compra por Fernando VII daqueles barcos rusos, auténticas ruínas frotantes, nos que Riego e os seus non quixeron embarcar, dando así lugar e case por casualidade ao Trienio Liberal.

Logo viñeron encontros máis persoais, por exemplo o pracer de atopalo, co seu permanente sorriso de boa xente, no meu tribunal de tesiña. Nin que dicir ten que foi clemente, extraordinariamente xeneroso para dicir a verdade, co que subscribe. Por iso hoxe faime moi feliz dar coa última entrega editorial do Catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago e presidente do Consello da Cultura Galega. Máis, se cabe, porque o libro vén da man da nova e industriosa editorial treCtres, da que forma parte meu amigo e compañeiro de traballos e estudos Amancio Liñares Giraut. Xa saberán que a obra "Clío nas ondas. De libros, persoas e sazóns", recolle, tamén en audio no CD que o acompaña, un total de 99 colaboracións que o historiador deixou nas ondas da Radio Galega entre abril do 2003 e xullo do 2005, no espazo cultural que dirixe Ana Romaní.

Creranme se lles digo que é unha desas obras afortunadas que se len de corrido, hai, efectivamente, unha centea de reflexións en torno ás lecturas máis ou menos recentes do profesor, tamén, ben é certo, comentarios en torno a persoas e cuestións que suscitaron por unha ou outra razón a súa curiosidade.

Pero na miña opinión, a cousa vai más alá, tomada en conxunto, lida coa calma precisa, un chega á conclusión que a obra que ten diante é a visión do mundo do autor, o seu xeito persoal de achegarse á complexa realidade que nos rodea. Tratándose de quen se trata, non o poden perder.

 
atrás Comparte en Yahoo la noticia O mundo ó través de Villares. Por Juan Granados
Comparte en Del.icio.us la noticia O mundo ó través de Villares. Por Juan Granados
Comparte en Menéame la noticia O mundo ó través de Villares. Por Juan Granados
imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Ante cualquier duda, problema o comentario en las páginas de El Correo Gallego envíe un e-mail a info@elcorreogallego.es
Titularidad y política de privacidad. Política de Cookies