Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Ó axexo

Sen respostas para aquilo que nos consome

Alicia Huerta achéganos, cunha linguaxe directa e sinxela, unha historia que enchoupa o lector de intriga desde as primeiras páxinas e que logra manter esa tensión ata o final. Sen grandes artificios e cun ritmo rápido grazas á multitude de diálogos salpicados entre as súas páxinas, a autora intercala recordos do pasado con escenas do presente

A tranquila vida de Marcos, un home novo cunha sólida carreira nun banco e unha muller, Claudia, que ama e coñece desde a nenez, cae ó abismo o día en que ela comeza a comportarse de forma estraña por mor dun trastorno psicótico delirante. Claudia e o seu fillo morren en estrañas circunstancias e Marcos tomará unha excedencia para asimilar o ocorrido e atopar resposta ás preguntas que o consomen. E, de fondo, de todo isto unha trama de roubo internacional de obras de arte. Realmente seguíana ou todo era invención da mente enferma da súa dona? Suicidouse ou asasinárona? Terá que mergullarse nos seus recordos e nos aspectos ata daquela descoñecidos da súa esposa, para pescudalo.

Esta é a sinopse da novela de Alicia Huerta, Delirios de persecución, na que a autora nos achega, cunha linguaxe directa e sinxela, unha narración que enchoupa o lector de intriga desde as primeiras páxinas e logra manter esa tensión ata o final. Sen grandes artificios e cun ritmo rápido grazas á multitude de diálogos salpicados entre as súas páxinas, a autora intercala recordos do pasado con escenas do presente para ganduxar a historia. De feito, pasado e presente conviven, de forma intercalada, durante dúas terceiras partes da novela.Aínda que o importante desta obra está na naturalidade coa que Huerta lle achega a enfermidade mental ó lector, doenza que nos amosa espida espida, e, ademais, móstranos aqueles que máis a padecen, os familiares máis próximos, os que máis se desgastan na súa lucidez.

Huerta, nada en Madrid no ano 1965, estudou Dereito, exerceu de avogada e logo tomou un ano sabático e marchou a Italia. Alí xuntouse con xornalistas e descubriu que o que eles facían encantáballe, cenrouse nese labor e fichárona en canto apareceu a edición dixital de El imparcial, onde escribe sobre as súas afeccións, é dicir, o cine e a ópera.

Delirios de persecución está dedicada a seu pai, porque el é o maior responsable de que saia á luz, explica a autora nunha entrevista con EFE. "Estivo moi enfermo hai un ano e cando saíu daquilo díxome que non podía morrer ata que vise publicada unha novela miña. Así que cando se recuperou, colleuna sen dicirme nada e levouna a unha editorial –Edición Personal– e alí dixéronlle que si, que querían publicala", rememora. A súa idea desde o principio foi tratar un tema que coñeceu ben hai anos, o dos delirios paranoides, porque tivo relación con dúas persoas que padecían teima persecutoria. "Desde entón pregunteime que sucedería se creses que hai unha especie de conspiración contra ti. Ata que punto terías credibilidade e que pasaría se, ademais, tiveses antecedentes familiares, é dicir, cando fose moi fácil que che xulgasen sen escoitarte". Todo isto manexado con diálogos, moi abundantes na novela, escritos a xeito dun guión cinematográfico.

Título: Delirios de persecución

Autora: Alicia Huerta García

Editorial: Edición personal

Ano de Edición: 2010

Paxinación: 252

31 mar 2011 / 18:35
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito