El Correo Gallego

Noticia 7 de 737 noticia anterior de El gran símbolo de Galicia Especiales » El gran símbolo de Galicia

O director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, ingresa na Real Academia Galega de Belas Artes

Farao como académico de arqueoloxía e museoloxía // Será nun acto que se vai celebrar este sábado

O director da Fundación Catedral de Santiago, Daniel Lorenzo, en una imagen de archivo - FOTO: RAGBA
O director da Fundación Catedral de Santiago, Daniel Lorenzo, en una imagen de archivo - FOTO: RAGBA

SANTIAGO. RAGBA  | 29.06.2018 
A- A+

A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) celebrará este sábado, día 30 de xuño, unha sesión extraordinaria pública no Paraninfo do Pazo de Fonseca en Santiago (rúa do Franco, 3), ás 19:00 horas, para a recepción do ingreso como académico electo na sección de arqueoloxía e museoloxía do director da Fundación Catedral de Santiago Daniel Lorenzo Santos (Pobra do Caramiñal, 1963).

Lorenzo pronunciará o seu discurso de ingreso, titulado “Soños e proxectos sobre o Museo Catedral”, e será contestado en nome da Academia polo membro de número da sección de expertos nas artes a e tesoureiro da entidade, Miguel Fernández-Cid Enríquez. 

A Real Academia Galega de Belas Artes, no seu proceso de actualización de prazas de académicos vacantes e co ánimo dunha maior representatividade en todos os ámbitos en relación coa creatividade, a investigación ou a divulgación do patrimonio cultural de Galicia, elixiu a Daniel Lorenzo en sesión ordinaria celebrada o día 28 de outubro de 2017, atendendo á súa capacidade como xurista especialista en relación co patrimonio cultural, así como polo meritorio programa de xestión e renovación dos museos catedralicios ao seu cargo. Daniel Lorenzo é cóengo fabriqueiro da Catedral de Santiago de Compostela e Licenciado en Dereito. Lorenzo cubre a praza vacante por falecemento do profesor Fernando Acuña Castroviejo.

Traxectoria profesional

Daniel Lorenzo (Pobra do Caramiñal, 1963) é Vicario Xudicial do Arcebispado de Santiago. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago e pola UNED, Licenciado en Dereito Canónico pola Universidade Pontificia de Salamanca. Unha vez incorporado ao Tribunal Metropolitano de Santiago (1998) foi Defensor do Vínculo, Fiscal e Xuíz diocesano. No ano 1999 foi nomeado Vigairo Xudicial da Diocese de Lugo, á vez que seguía exercendo como Xuíz do Tribunal de Santiago. A nivel docente, é profesor de Dereito Canónico do Instituto Teolóxico Compostelán e do Instituto Superior de Ciencias Relixiosas e profesor colaborador do Master de Familia organizado pola Facultade de Psicoloxía. Membro da Xunta Directiva da Asociación Española de Canonistas. Foi Consiliario da Renovacióbn Carismática.

Pastoralmente colaborou nas parroquias de Santa María do Porto de Marín, Santa Eulalia de Boiro, Santiago dá Pobra de Deán, O Bo Pastor de Castiñeiras e San Paio de Carreira. Desde agosto de 2006 é párroco de San Pedro de Bugallido (Ames).

Nomeado Vigairo Xudicial da Diocese de Santiago de Compostela o día 2 de maio de 2006, e cóengo da Catedral de Santiago de Compostela o 27 de xuño de 2009, na actualidade é tamén o director da Fundación Catedral de Santiago.