El Correo Gallego

Noticia 20 de 374 noticia anterior de Ourense-Capital do Termalismo Especiales » Ourense-Capital do Termalismo

Baltar progresa no seu desafío de potenciar 'Ourense, a provincia termal'

Participará nun proxecto singular de desenvolvemento da área de río Caldo, no concello de Lobios// Manan do manancial as augas a unha temperatura de 77 graos

Baltar asegurou o apoio “por representar felmente a estratexia que desenvolvemos” - FOTO: D.O.
Baltar asegurou o apoio “por representar felmente a estratexia que desenvolvemos” - FOTO: D.O.

MARÍA ABASCAL OURENSE   | 04.03.2019 
A- A+

A zona de baño da área termal de río Caldo, en Lobios, experimentará unha notable transformación grazas a un proxecto pioneiro que porá en valor o amplo espazo que rodea ao balneario alí situado.

María del Carmen Yáñez, alcaldesa de Lobios, e os representantes da fundación San Rosendo-Caldaria, José Luis Gavela, Javier Soto e Benigno Moure, presentaron ao presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, os detalles desta iniciativa, que terá un orzamento superior a 1,2 millóns de euros. O obxectivo é ofrecer aos usuarios do balneario, veciños de Lobios e turistas unha contorna perfectamente acondicionada, con servizos de calidade e tratamentos propios ­dunha instalación balnearia, conxugando todo iso coa situación no parque natural do Xurés e reserva da ­Biosfera.

Unha proposta que conta, ademais, coa vantaxe de utilizar as augas máis quentes de toda a península Ibérica, que manan do manancial a 77 graos de temperatura.

Manuel Baltar asegurou o apoio da institución provincial ao proxecto "por representar fielmente a estratexia que vimos desenvolvendo para potenciar a marca Ourense, a provincia termal, ofrecendo ­unha oferta diferenciada en servizos, instalacións e actividades no ámbito do ­termalismo".

Na mesma liña, a alcaldesa de Lobios defendeu o proxecto como un plan "termal punteiro, polo enfoque e a dimensión dos espazos nos que se actuará, o que permitirá situar ao concello de Lobios como un punto de ­referencia en Galicia, España e mesmo Europa", apuntou María del Carmen Yáñez.