El Correo Gallego

Noticia 74 de 336 noticia anterior de Ourense-Capital do Termalismo Especiales » Ourense-Capital do Termalismo

Baltar visita en Monterrei o patrimonio histórico das ribeiras do río Búbal

O presidente da Deputación de Ourense destacou o importante potencial turístico do conxunto que engloba o antigo balneario de Vilaza, o lagar rupestre da Carreira Branca e o castro do Muro da Cidá

Manuel Baltar, segundo pola dereita, durante a visita - FOTO: D.O.
Manuel Baltar, segundo pola dereita, durante a visita - FOTO: D.O.

DEPUTACIÓN DE OURENSE  | 11.01.2018 
A- A+

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañado polo alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, visitou hoxe os enclaves históricos das ribeiras do río Búbal, "un destacado conxunto monumental do patrimonio histórico de Monterrei cun importante potencial turístico", afirmou o presidente provincial.

No seu percorrido, Baltar visitou o antigo balneario e embotelladora de augas de Vilaza, fundado a finais do século XIX como hotel balneario, que incorporou aos poucos anos a embotelladora de augas minero-medicinais que chegaron a ser comercializadas internacionalmente. Posteriormente, visitou o lagar rupestre da Carreira Branca, situado nas proximidades do núcleo de Medeiros, e o castro do Muro da Cidá, un sistema defensivo de extraordinaria monumentalidade, no que destaca tamén o importante número de lagares rupestres que o abeiran.