El Correo Gallego

Noticia 14 de 383 noticia anterior de Ourense-Capital do Termalismo Especiales » Ourense-Capital do Termalismo

A Deputación de Ourense permitirá o saneamento de diferentes localidades de Padrenda

Manuel Baltar e o alcalde de Padrenda, Manuel Pérez - FOTO: D.O.
Manuel Baltar e o alcalde de Padrenda, Manuel Pérez - FOTO: D.O.

D.O.  | 29.01.2019 
A- A+

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e o alcalde de Padrenda, Manuel Pérez, asinaron hoxe no Pazo Provincial convenios de colaboración entre ambas administracións que permitirán a execución de obras de saneamento en diferentes localidades do municipio, concretamente en Pardellas, Freáns, Condado e Saa, así como a mellora do acceso en Freáns e Pardellas, cun investimento da institución provincial de 144.000 euros.

A sinatura destes convenios de colaboración permitirá que se leven a cabo "actuacións de saneamento necesarias para os veciños destas localidades, actuacións todas elas que foron demandadas no seu momento e que, polo tanto, xa figuran nos orzamentos deste ano, aprobados no pasado mes de setembro", explicou Manuel Baltar.