El Correo Gallego

Noticia 22 de 317 noticia anterior de Ourense-Capital do Termalismo Especiales » Ourense-Capital do Termalismo

A Deputación potencia a Área de Infraestruturas coa incorporación da enxeñeira Marta Docampo

Manuel Baltar reuniuse coa técnica para analizar ás súas funcións no departamento, referidas á xestión de infraestruturas viarias e obras, en apoio e cooperación cos concellos da provincia // A incorporación de Marta Docampo enmárcase na liña de mellora na profesionalización da xestión do ente provincial, que Manuel Baltar puxo en marcha co obxectivo de seguir avanzando na

REDACCIÓN  | 04.04.2018 
A- A+

A enxeñeira superior de Camiños, Canles e Portos Marta Docampo González vén de tomar posesión da praza de Enxeñeira Técnica de Obras Públicas na Deputación de Ourense, culminado así o proceso de selección levado a cabo para a cobertura deste posto de traballo. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu á enxeñeira no Pazo Provincial, con quen analizou ás funcións do seu departamento, referidas á xestión de infraestruturas viarias e obras, en apoio e cooperación cos concellos. Previamente á incorporación á Deputación de Ourense, Marta Docampo desenvolveu o seu labor profesional como enxeñeira municipal no Servizo de Infraestruturas do Concello de Ourense.

A incorporación de Marta Docampo enmárcase na liña de mellora na profesionalización da xestión administrativa do ente provincial, que Manuel Baltar puxo en marcha nos últimos anos co obxectivo de seguir avanzando na excelencia de servizos que a Deputación de Ourense ofrece á poboación e aos concellos da provincia. Transparencia, innovación, eficiencia na xestión e interactividade coa cidadanía, son as máximas que vén impulsando Manuel Baltar nos plans de mandato desenvolvidos polo seu goberno: O plan "Ourense 92" e o plan "Ourense 15-19", con cronogramas de actuacións previamente determinados, "o que nos permite ser previsores e planificar ao máximo as directrices políticas, para un mellor desenvolvemento dos proxectos que realiza a Deputación de Ourense", afirma Manuel Baltar.

Marta Docampo súmase á nómina das últimas incorporacións de recursos humanos de alta dirección na Deputación de Ourense, trala chegada da directora xeral de Recursos Humanos, Paloma Domínguez, e do director da Área de Transparencia e Goberno Aberto, Fernando Suárez.

Marta Docampo, natural de Celanova, é enxeñeira superior de Camiños, Canles e Portos pola Escola Superior de Enxeñería, Canles e Portos da Coruña, é máster en xestión eficiente da auga urbana e especialista en análise e deseño de redes de auga. No ámbito académico foi profesora asociada da Universidade de Santiago de Compostela, na Escola Técnica Superior de Lugo, e a súa experiencia profesional abrangue a Dirección facultativa das obras da Confederación Hidrográfica del Miño‐Sil en Ourense, xefa de conservación e explotación de estadas, sector OR‐1, do Ministerio de Fomento, e máis recentemente desempeñando o cargo de enxeñeira municipal na Concellería de Infraestruturas do Concello de Ourense, onde levou a cabo proxectos de obras públicas municipais; estudos técnicos de abastecemento, saneamento e redes.