El Correo Gallego

Noticia 26 de 383 noticia anterior de Ourense-Capital do Termalismo Especiales » Ourense-Capital do Termalismo

Ioga termal nas vilas da provincia ourensá que teñen balnearios

Nunha iniciativa da Deputación e coa profesora Cristina Pérez, baséase no método 'wellness'

Cristina Pérez, Manuel Baltar e Jorge Pumar, durante o encontro na Deputación - FOTO: ECG
Cristina Pérez, Manuel Baltar e Jorge Pumar, durante o encontro na Deputación - FOTO: ECG

MARIO ÁLVAREZ   | 21.01.2019 
A- A+

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial á profesora de ioga da Universidade de León, Cristina Pérez, fundadora e directora da asociación Wellness e formadora en Hatha Yoga, quen será a encargada de dirixir unha novidosa actividade que a Deputación de Ourense levará a cabo neste ano nos concellos da provincia que contan con establecementos balnearios. Trátase do "ioga termal", unha actividade baseada no método wellness, que consiste en realizar prácticas de relaxación profunda en auga termal, con beneficios para a saúde mental e corporal.

No encontro co presidente do goberno provincial tamén participou o vicepresidente segundo da deputación e deputado de Administración Provincial, Jorge Pumar; xuntanza na que se analizou o programa que se vai desenvolver nas localidades da provincia que contan con balnearios. "Trátase dun novidoso método patentando por Cristina Pérez -explicou Manuel Baltar-, que xa se experimentou con éxito nas Burgas, e o obxectivo é que esta iniciativa baseada na auga termal se estenda aos balnearios da provincia de Ourense ao longo de 2019, para que os veciños dos concellos termais poidan acceder a esta actividade innovadora que lle da un pulo ao noso termalismo", destacou Baltar.

O presidente provincial subliñou así mesmo que será unha acción que tramitará a Área de Termalismo e Emprego da Deputación de Ourense, "realizando as programacións cos concellos e cos establecementos balnearios, para que esta iniciativa se afiance e se converta nun clásico do termalismo ourensán co paso do tempo",