El Correo Gallego

Noticia 53 de 323 noticia anterior de Ourense-Capital do Termalismo Especiales » Ourense-Capital do Termalismo

O Liceo de Ourense, “168 anos ao servizo da cultura da provincia”

ECG   | 30.01.2018 
A- A+

Ourense. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou onte o Liceo de Ourense, onde foi recibido polo seu presidente, Xavier Casares; o xerente, José Luis Troitiña, e o vogal de Relacións Institucionais, Manuel Martínez Rapela, con quen percorreu as dependencias desta emblemática entidade cultural.

“Estamos na sede ­dunha sociedade senlleira que cumpre en 2018 os seus 168 anos ao servizo da cultura da provincia de Ourense e a disposición sempre dos ourensáns”, afirmou.

Tamén destacou que o Liceo “é unha entidade capital na construción da identidade de Ourense e de Galicia, polo cal a Deputación colabora, e o seguirá facendo, con este emblema da nosa cultura”.

Baltar referiuse á colaboración que vén mantendo a Deputación de Ourense co Liceo para cooperar no seu funcionamento e para levar a cabo melloras en servizos e infraestruturas do edificio que alberga desde 1870 a súa sede –o Pazo de Oca-Sarmiento, inmoble declarado Ben de Interese Cultural e cuxa construción data do ano 1570-.

O presidente da Deputación remarcou seu agradecemento polo convite por parte da directiva do Liceo para visitar oficialmente as súas instalacións, e tamén por formar parte como socio desta entidade. redac.