El Correo Gallego

Noticia 19 de 353 noticia anterior de Ourense-Capital do Termalismo Especiales » Ourense-Capital do Termalismo

Manuel Baltar visita o concello de Muíños

D.O.  | 25.09.2018 
A- A+

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou onte o concello de Muíños, onde se reuniu co seu alcalde, Plácido Álvarez, e con membros do equipo de goberno local para abordar temas de cooperación entre ambas administracións. Baltar asinou no Libro de Honra do concello e visitou o complexo medioambiental -que abrangue o punto limpo e a canceira-, así como o complexo do Corgo, as piscinas municipais e o pantalán, obras froito da cooperación entre o concello e a Deputación de Ourense e de propoñer novos proxectos para o municipio.